Galicia xa é a Comunidade Autónoma que máis axuda achega por alumno: 180 euros (145€ en Andalucía, 133€ en Navarra ou 127€ en Valencia)
Co novo sistema de 'Gratuidade Solidaria', cun investimento global de 7 millóns de euros, a Xunta concentra o seu esforzo económico nos que máis o necesitan: familias con rendas baixas e medias, familias monoparentais (separados/as, viuvos/as, divorciados/as...), familias con algunha discapacidade, familias numerosas, etc.
Calcula a túa axuda utilizando o noso simulador.
Só hai que dividir os ingresos totais do fogar entre o número de membros, é dicir, sumando os importes dos recadros 455 e 465 das declaracións da Renda do ano 2008 e dividindo esta cifra entre o número de membros da familia. Aqueles que non presentaron declaración da Renda deben solicitar o certificado correspondente na Axencia Tributaria.
Uns exemplos:
Calcula a túa axuda utilizando o noso simulador.
Naqueles casos nos que os datos declarados sexan falsos, reclamarase o importe da axuda. Ademaís, este solicitantes poderán ser obxecto de sancións segundo establece o título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Este ano non están incluídos nas axudas os alumnos de 3º e 4º de primaria, nin os que cursen a ESO, pois terán os libros no seu centro, en réxime de préstamo, tal como viña sucedendo en anos anteriores.
Non se refire a alumnos matriculados en primaria aínda que teñan adaptación curricular ou algún tipo de reforzo educativo.
Cando non exista vínculo matrimonial a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e tódolos fillos dos pais que convivan con eles e que reúnan os requisitos do apartado anterior. No caso de que non exista convivencia deberá acreditarse mediante o correspondente certificado de empadroamento.
No caso de separación ou divorcio, non se considerará membro da unidade familiar aquel que non conviva co solicitante da bolsa de axuda. En cambio, si terá a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unida ao pai/nai e que si conviva co solicitante. A separación ou divorcio acreditarase mediante sentencia xudicial que determine a mesma, ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
Computarán por dous os membros da unidade familiar en primeiro grao do alumno solicitante, incluído o propio alumno e os seus irmáns, cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. Isto quere dicir que nunha familia de catro membros na que un deles é discapacitado, contariamos cinco membros en vez de catro.